 |
|
|
|
|
|

A extracción en fase sólida
(EFS) é un dos métodos de preparación de mostras
máis simples e versátiles. Utilizando
cartuchos con recheo cromatográfico, desbotables, preempaquetados
e de baixo custe, o analito de interese sepárase das outras especies
na matriz cargando a mostra
sobre o cartucho e eluindo selectivamente os compostos desexados
utilizando diferentes disolventes.
Están dispoñibles nunha ampla variedade
de químicas e configuracións como fase reversa, fase normal,
intercambio iónico e outros recheos para aplicacións especiais.
Estes cartuchos están dispoñibles nunha
gran variedade de deseños, cada un ofrece beneficios específicos
e todos conteñen recheo da maior calidade. Esto permite transferir
métodos dun deseño a outro dun xeito directo e predecible.


|
|
|
|