 
En outubro de 1977 co obxectivo
de mellorar os métodos de EFS, Waters® deseñou os primeiros cartuchos tipo columna empaquetados con recheos
para EFS de base sílice: os cartuchos
Sep-Pak®.
As novas necesidades para a
preparación de mostra levaron posteriormente a Waters
a voltar a examinar os recheos para EFS. Esto levou ó desenrolo
dun novo recheo polimérico especialmente deseñado
para EFS por fase reversa que proporciona uns resultados
incomparables. O copolímero Oasis® HLB con balance
hidrofílico-lipofílico é distinto dos recheos
tradicionais de EFS.
Os obxectivos da extracción en fase
sólida moderna son: máis rapidez, recuperacións
máis altas, mellores reproducibilidades, maior retención
e selectividade. A preparación de mostras xa non é o
problema da productividade do laboratorio. Agora a EFS cumpre as esixentes demandas de técnicas como LC/MS/MS.
Recuperacións altas
e consistentes
Debido a que o recheo Oasis® é humectable por auga, mantén a
súa alta capacidade de retención e excelentes recuperacións
para un amplo espectro de compostos, incluso si o recheo se seca.
Alta capacidade
Cando se transfiren métodos de C18 de base sílice
a productos Oasis®, hai que ter en conta a maior capacidade
do recheo Oasis® HLB.
O recheo Oasis® ten entre 2 e 3 veces
maior área superficial e presenta un claro aumento dos
valores de k´ comparados cos recheos C18 de base sílice.
Waters proporciona cinco químicas de EFS para completar
as necesidades da preparación de mostra:
Recheo humectable de fase reversa con equilibrio hidrofílico-lipofílico.
O secado do recheo non provoca un impacto sobre as recuperacións.
Oasis® HLB é un recheo
con balance hidrofílico-lipofílico, de fase reversa,
humectable en auga, axeitado para a extracción en fase
sólida de todo tipo de compostos. A súa composición
consiste nunha proporción equilibrada de N-vinilpirrolidona
(hidrofílica) e divinilbenceno (lipofílica). Proporciona
unha capacidade de retención superior en fase reversa,
cunha capacidade especial para optimizar a retención dos
analitos polares.
Esta composición única permitiu
a Waters crear una familia de recheos para EFS cunha serie
de características especiais, tales coma resistencia a pHs extremos, extraordinaria retención de compostos polares
e unha capacidade relativa tres veces maior que a dos recheos
tradicionais de base sílice, como o C18.

Os recheos Oasis® MCX (modo mixto
intercambio catónico-fase reversa) e Oasis®
MAX (modo mixto intercambio anónico-fase reversa),
están deseñados para satisfacelas necesidades
da extracción en fase sólida moderna permitindo
elevada selectividade e sensibilidade na extracción de
moléculas básicas, ácidas e neutras de matrices
biolóxicas.
Os intercambiadores Oasis® MCX
e MAX están baseados no recheo humectable
utilizado nos Oasis® HLB
[Poli (divinilbenceno-co-N-vinilpirrolidona) (DVD/NP)] e están
entre os polímeros máis recoñecidos e utilizados
no mundo para EFS.
| |
|
| Oasis® MCX: Recheo
de retención mixta (intercambio catiónico-fase reversa).
Alta selectividade para compostos básicos. |
Oasis® MAX: Recheo
de retención mixta (intercambio aniónico-fase
reversa). Alta recuperación para compostos ácidos. |
| |
|
| Oasis® WCX: Recheo
de modo mixto de intercambio catiónico débil
e fase reversa. Retén e libera bases fortes (por exemplo
aminas cuaternarias). |
Oasis® WAX: Recheo
de modo mixto de intercambio aniónico débil
e fase reversa. Retén e libera ácidos fortes (por
exemplo sulfonatos). |

|