|

Un de los maiores problemas contra os que loitan os
cromatografistas actuais son picos con colas que limitan a resolución
e a carga de mostra. Unha alta actividade dos silanois da superficie da sílice contribúe significativamente
a xerar cola nos picos en columnas de fase reversa.
A pureza da sílice é un factor clave
para reducir as colas nos picos, as columnas SunFire™ C18
foron creadas con materias primas da máis alta calidade e cuns procesos de síntese estrictamente controlados;
esto proporciónalles alta eficiencia e picos simétricos para
a análise de compostos ácidos, neutros e básicos.
Ademais manifestan tempos de vida superiores traballando
en condicións de pH baixo.
Formas de pico superiores
As columnas SunFire™ proporcionan picos
simétricos para a mellora da resolución e boa
eficiencia de compostos ácidos, neutros e básicos
a rangos de pH baixos e intermedios debido á combinación
de novas tecnoloxías de enlace das cadeas C18 e endcapping.
Alta eficiencia
As columnas SunFire™ proporcionan
unha grande sensibilidade debido ó moderno proceso de empaquetado
da sílice, o seu sistema de enlazado de cadeas C18 patentado
e o endcapping da sílice.
Excelente estabilidade a baixo pH
A vida da columna mellora gracias a unha estabilidade
mellorada da sílice a pH baixo comparado con moitas marcas
de columnas de HPLC.
Compatibilidade – MS
As columnas SunFire™ son compatibles con
aplicacións con detector de espectrometría de masas proporcionando
picos estreitos, boa sensibilidade, gran capacidade de picos e
un sangrado moi baixo.
Reproducibilidade Lote a Lote
As columnas SunFire™ fabrícanse para alcanzar
o máis alto nivel de consistencia cromatográfica,
columna a columna e lote a lote.
Ademais das columnas analíticas SunFire™
tamén esta dispoñible:
- Columnas SunFire™ C18 preparativas
fabricadas co deseño OBD™
(pendente de patente) para asegurar tanto un escalado
sinxelo
coa mesma eficiencia, estabilidade e fiabilidade que as
columnas analíticas.
Presentando o deseño Optimum Bed Density OBD™
O deseño Optimum Bed Density OBD™ e a
culminación dun proxecto de I+D
de 2 anos co propósito de proporcionar columnas
preparativas co rendemento máis fiable e consistente.
Este proceso de fabricación innovador combina as influencias
das características do hardware e densidades de empaquetamento
do leito cromatográfico resultando en columnas cunha
estabilidade de partícula excelente, reproducibilidade superior,
alta capacidade de carga e eficiencias extremadamente altas.
Tempos de vida de columna prolongados
A uniformidade dos tempos de vida das columnas
e unha consideración clave, non so para aplicacións de
alta capacidade de procesamento, senón tamén no esbozo
do presuposto anual dun laboratorio de purificación.
As columnas SunFire™ Prep OBD™ manifestan
eficiencias de columna óptimas incluso despois de
máis de 1000 inxeccións con DMSO.
Eficiencia mellorada
As columnas SunFire™ Prep
OBD™ aseguran rendimentos cromatográficos
equivalentes dende dimensións analíticas a preparativas,
eliminando a necesidade de posteriores redesenrolos de métodos.
Alta capacidade de carga
As partículas de sílice SunFire™
Prep foron intencionadamente sintetizadas para proporcionar
a máxima carga baixo condicións de fase móbil ácidas
ou de pH moderado.
Escalado preciso
As partículas e columnas SunFire™
Prep fabricanse nun ambiente cGMP, baixo controles
estrictos de síntese e empaquetado de columna, asegurando
unha capacidade de escalado precisa.

|