
Se o seu método esixe recheos µBondapak™
e Bondapak® so hai unha fonte, Waters®.
Ninguén podería fabricar un material de recheo reproducible
ano a ano durante 25 anos.
Moitas compañías pretenden fabricar columnas coa selectividade
da µBondapak™ C18
pero ningunha pasou o rigoroso test de lote. Waters® marcou
un estándar de reproducibilidade e de alto rendemento nas columnas cromatográficas.
As columnas Waters®
µBondapak™ son ainda as máis
amplamente referenciadas e requiridas no mundo.

As fases enlazadas a partículas de 4
microns dos recheos Nova-Pak® ofrecen cromatografía
de alta resolución, máis eficiente e máis rápida
usando columnas máis curtas, reducindo o consumo de disolventes,
ou máis largas para resolver ata as mesturas máis
complexas.
As columnas analíticas de 4 microns están dispoñibles
en lonxitudes de columna de 75, 150 e 300 mm, os cartuchos con
fittings reutilizables están dispoñibles en lonxitudes
de 50, 100, 150 y 250 mm de lonxitude. Os recheos semipreparativos
de 6 microns de tamaño de partícula
proporcionan un rango de posibilidades de separación sen
equivalente.
Os estrictos procedementos de control de calidade na fabricación
aseguran a reproducibilidade lote a lote.

As columnas Spherisorb son as columnas de HPLC máis referenciadas
na literatura científica. Hai máis de 2000 artígos
publicados sobre columnas Spherisorb que proporcionan unha tremenda
cantidade de métodos validados e aplicacións para axudar
ó usuario no proceso de desenrolo de métodos.
Unha das vantaxes de elixir columnas Waters® Spherisorb®
é o rango de formatos dispoñibles. As columnas Waters®
Spherisorb® fabrícanse nun amplo rango de tamaños
e fases enlazadas que abarcan tódalas necesidades cromatográficas.
A sílice fabrícase en tamaños de partícula
de 3, 5 e 10 microns.

Os Hidrocarburos Aromáticos Policíclicos
(PAH) están entre os contaminantes medioambientais
máis frecuentemente monitorizados. As columnas Waters PAH
están optimizadas para a análise de PAH´s
por HPLC.
Estas columnas conseguen resolucións a liña base e unha
excelente simetría de picos para os 16 analitos obxectivo
en menos de 25 minutos, utilizando un gradiente binario simple
de auga e acetonitrilo. O poder de resolución das columnas
de PAH proporciona unha forma de pico superior, identificación
e cuantificación de PAH´s.
Están dispoñibles en sete dimensións diferentes (incluíndo
o formato capilar) e dous tamaños de partícula.
Ademais Waters® ofrece columnas para aplicacións
específicas tales como:
-
Columnas de azucres Shodex®,
columnas High Perfomance carbohydrate analysis tipo cartucho
e columnas Ultrahydrogel™ para a análise de azucres
e carbohidratos.
-
Columnas Free Fatty Acid HP para análise
de ácidos grasos.
-
Columnas Carbamate para análisise
de pesticidas.
-
Columnas Nova-Pak® y Ultrahydrogel®
para análise de triglicéridos e colesterol.
-
Cartuchos Nova-Pak® y Radial-Pak™
para análise de bebidas refrescantes.
-
Columnas de exclusión iónica
IC-Pak™ e a familia de columnas Shodex® para
análise
de fermentación, ácidos orgánicos, alcohois
e carbohidratos.
-
Familia de columnas IC-Pak™ de exclusión
iónica para a análise de ions.
-
Columnas Delta-Pak™ para análise
de metais de transición.
-
Cartucho Radial Pak Resolve™ para
análise de lantánidos.

|