
En 1999, Waters lanzou ó mercado a familia de columnas
XTerra® cun recheo de primeira xeración
de partícula híbrida (HPT). As columnas Waters
XTerra® convertéronse nas columnas
de maior éxito na historia de Waters. E un recheo
de partícula híbrida (HPT) coas mellores propiedades
dos recheos inorgánicos (sílice) e orgánicos
(polimérico) para producir un recheo que ten
unha forza mecánica, eficiencia, estabilidade a pH alto
e forma de pico para as bases moi superior.
Esta
primeira xeración de columnas con partícula híbrida
de XTerra® non posúe a forza mecánica suficiente para soportar as condicións de velocidade, sensibilidade
e resolución da nova tecnoloxía UPLC™;
por esta razón cumpriu crear unha nova partícula
tolerante á presión exercida no UPLC™.
Desenrolouse unha segunda xeración de recheo
utilizando unha estructura híbrida BEH formada por pontes etilsiloxanol/sílice; comparado coa primeira
xeración
de partículas metil-híbridas das columnas XTerra®,
a partícula BEH das columnas ACQUITY UPLC™
BEH é a clave que soporta la velocidade, sensibilidade
e resolución das separacións UPLC™.
As químicas das columnas da familia
ACQUITY UPLC™ BEH foron coidadosamente
elixidas para producir unha combinación ideal de eficiencias
de alta resolución, amplo rango de pH e selectividades
complementarias. Cando esto combínase coa eficiencia mellorada
da tecnoloxía UPLC™, as columnas
ACQUITY UPLC™ BEH con químicas C18,
C8, Shield RP18 e Phenyl
permiten separacións
máis rápidas e robustas.
A meirande parte das separacións
por cromatografía en fase reversa teñen lugar en columnas
que conteñen fases estacionarias C18 e C8
debido a súa estabilidade, retención e reproducibilidade.
Ademais estes ligandos hidrofóbicos proporcionan,
na meirande parte dos casos, as separacións desexadas.
As columnas ACQUITY UPLC™ BEH C18
e C8 foron deseñadas para seren columnas
universais, elixidas para a meriande parte de separacións UPLC™
proporcionando un maior rango de pH.
As columnas ACQUITY UPLC™ BEH
C18 e C8 incorporan unha química
de enlace cun ligando trifuncional que produce unha estabilidade
a pH baixo superior e un sangrado de columna ultrabaixo. Esta alta
estabilidade a pH baixo combínase coa estabilidade a pH alto
das partículas BEH de 1,7mm o que resulta en columnas
coas que se pode traballar nun amplo rango de pH. Ademais,
esta nova química utiliza un proceso de endcapping que
proporciona unha forma de pico excepcional para bases. Estas innovacións
químicas de enlace e síntese de partícula
producen os picos máis afiados, as máis altas eficiencias
e as sensibilidades máximas en MS.

As columnas cun grupo polar embebido (Shield)
RP conteñen fases estacionarias que combinan a hidrofobicidade
dun ligando de cadea alquílica coa hidrofilidade dun grupo polar embebido.
As características dun grupo
polar embebido son: selectividade alternativa ás columnas de fase
reversa con ligandos de cadea alquílica, excelente forma
de pico para bases e compatibilidade con fases móbiles acuosas.
A selectividade das fases estacionarias Shield RP, en especial
para compostos polifenólicos, foi atribuída ós
grupos polares embebidos que actúan como aceptores de enlaces
hidróxeno. As columnas ACQUITY UPLC™ BEH
Shield RP18 foron deseñadas para proporcionar
selectividades complementarias ás fases ACQUITY UPLC™
BEH C18 e C8.
As columnas ACQUITY UPLC™ BEH
Shield RP18 combinan a tecnoloxía Shield patentada
por Waters coa tecnoloxía BEH, estas columnas incorporan
un grupo carbamato embebido no ligando da fase estacionaria.
Os ligandos Shield de Waters demostran o incremento da retención
de compostos fenólicos frente ás columnas con recheos
de cadea lineal alquílica. A selectividade alternativa
e a excelente forma de pico que proporciona o grupo polar embebido
cando se combina co amplo rango de pH e a ultra eficiencia
das partículas BEH de 1,7mm, proporcionan unha ferramenta
necesaria e poderosa para o desenrolo de métodos en UPLC™.

As columnas de fase reversa cun grupo fenilo
no ligando proporcionan selectividades complementarias cando
se comparan con outras columnas con cadeas lineais alquílicas
nas súas fases estacionarias, especialmente para analitos que teñen
aneis aromáticos na súa estructura. Podemos enumerar como
debilidades tradicionais dos ligandos fenilo a baixa estabilidade
a pH extremos, baixa reproducibilidade e forma de pico. As columnas
ACQUITY UPLC™ BEH Fenilo foron intelixentemente
deseñadas para superar estas debilidades e proporcionar
selectividades complementarias, estabilidade a pH extremos e forma
de pico excelente para todo tipo de compostos.
As columnas ACQUITY UPLC™ BEH
Fenilol utilizan un grupo éter alquilo C6 trifuncional
entre o anel fenilo e o recheo de sílice. Este ligando,
combinado co mesmo proceso de endcapping utilizado nas
columnas ACQUITY UPLC™ BEH C18 e C8,
proporciona un sangrado de columna ultrabaixo , alta duración
de columna e una forma de pico excelente. Esta combinación única
de ligando e endcapping da partícula BEH
de 1,7mm crea unha nova dimensión en selectividade e eficiencia
acorde ós retos das separacións por UPLC™.
|